As comarcas terán hoxe martes os ceos pouco nubrados con temperaturas en lixeiro ascenso
- IsmaelRS

- 27 jun 2023
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Xeral

Hoxe martes, as altas presións estenderanse dende o norte dos Azores ata o sur das illas Británicas, deixando a Galicia no seu radio de acción. Agárdase así un día de tempo seco, con ceos pouco nubrados, con algunhas nubes altas e nubes baixas no litoral norte.
Néboas matinais no interior a primeiras horas do día. As mínimas, sen cambios significativos, con lixeiros ascensos as máximas.

O vento será do nordés, moderado pola tarde, con intervalos fortes na Costa da Morte, tal e como comenta MeteoGalicia.








Comentarios