top of page
Foto del escritorIsmaelRS

As comarcas terán hoxe martes os ceos nubrados e a chuvia acompañaranos durante toda a xornada

Está activada unha alerta amarela por chuvias e vento en boa parte de Galicia


IsmaelRS/Xeral

Galicia continuará durante hoxe martes na influencia das baixas presións, con réxime de sur. Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos nubrados e chuvascos, con chuvias máis intensas e persistentes na metade oeste da Comunidade.

Publicidade

As temperaturas non experimentarán cambios significativos.

Publicidade

Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados no interior, fortes no litoral e zonas altas, tal e como comenta MeteoGalicia.

Concello

T. Máx (º)

T. Min. (º)

​Agolada

20

14

Antas de Ulla

20

14

Arzúa

22

15

Boimorto

21

14

Dozón

18

12

Lalín

20

13

​Melide

21

15

Monterroso

21

15

O Pino

21

17

Palas de Rei

21

15

Rodeiro

20

14

​Santiso

22

16

​Silleda

22

17

Sobrado dos Monxes

21

13

Toques

21

14

Touro

22

16

Vila de Cruces

21

15

Alerta laranxa por temporal costeiro

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou para hoxe, martes, alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico por ventos comezará a última hora e agárdase ao sur de cabo Vilán con vento do sur ou suroeste de forza 8 e con mar combinada do sur ou suroeste con ondas de ata 7 metros. Afectará a toda a costa de Pontevedra e ao oeste e suroeste do litoral coruñés. No resto do litoral galego, a alerta será de nivel amarelo por ventos do suroeste forza 7 e ondas de ata 5 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Alerta amarela por chuvias e vento

Por outra parte, na xornada de hoxe boa parte de Galicia estará en alerta amarela por chuvias e vento. Así, desde primeiras horas da mañá as precipitacións acumuladas en 12 horas poderá superar os 40 litros por metro cadrado no oeste e suroeste da Coruña; no sur e na montaña de Ourense e nas Rías Baixas e no interior de Pontevedra. Ademais, desde primeiras horas desta madrugada os refachos de vento de compoñente sur poderán superar os 80 quilómetros por hora nas provincias da Coruña e Pontevedra, así como no sur e na montaña de Ourense e no centro, no sur e na montaña de Lugo.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page