As comarcas terán hoxe martes os ceos con nubes e claros e temperaturas en lixeiro descenso
- IsmaelRS

- 3 oct 2023
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Xeral

Despois do paso dunha fronte pouco activa durante a madrugada, Galicia irá quedando este martes baixo a influencia das altas presións, con ventos de compoñente norte. Así, comezaremos con nubes baixas en xeral, e con chuvias febles no terzo norte. A partir do mediodía iranse abrindo grandes claros, persistindo as nubes baixas no norte e leste de Lugo.
Publicidade
As temperaturas descenderán, especialmente as máximas.

Publicidade
Os ventos soprarán moderados de compoñente norte, con intervalos fortes ao final do día no litoral coruñés, tal e como comenta MeteoGalicia.








Comentarios