top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe martes os ceos con nubes e claros e temperaturas en descenso

IsmaelRS/Xeral

Continuaremos unha xornada máis nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Os ceos estarán moi nubrados na metade oeste, con algunhas chuvias de carácter feble no litoral atlántico ás primeiras horas, mentres que na metade leste os claros iranse impoñendo sobre as nubes co avance do día. As temperaturas continuarán descendendo, para situarse mesmo en valores baixos para esta época do ano. O vento soprará frouxo de dirección variable, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page