top of page
Foto del escritorIsmaelRS

As comarcas terán hoxe martes os ceos con nubes e claros e posibilidade de chuvascos treboentos

IsmaelRS/Xeral

Hoxe martes, aumenta a inestabilidade atmosférica debido á entrada de aire frío en altura e ás altas temperaturas en superficie. Será unha xornada de brétemas e nubes baixas entre A Mariña e a Costa da Morte, que deixarán paso a alternancia de nubes e claros durante as horas centrais do día, e de ceos pouco nubrados ou despexados no resto, con algún banco de néboa matinal na provincia de Lugo. Pola tarde, formaranse nubes de evolución no interior que poden deixar chuvascos treboentos, máis probables nas zonas altas. En xeral, as temperaturas ascenderán lixeiramente, agás no litoral oeste, onde as máximas descenderán. O vento soprará do nordés, con intervalos fortes no litoral norte da Coruña. Réxime de brisas nas Rías Baixas, tal e como comenta MeteoGalicia.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page