As comarcas terán hoxe martes os ceos con néboas e nubes baixas
IsmaelRS/Xeral

Hoxe martes, as altas presións comezan a xornada centradas sobre a Comunidade, pero iranse movendo cara ao leste permitindo a entrada dunha nova fronte pola noite. Será, así, un día de néboas e nubes baixas en comarcas de interior e de ceos parcialmente nubrados no resto, coa chegada de máis nubes e de chuvias desde o oeste pola noite que se irán xeneralizando durante a madrugada do mércores. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente sur, aumentando de intensidade na madrugada do mércores coa chegada da fronte, tal e como comenta MeteoGalicia.
