As comarcas terán hoxe martes os ceos con intervalos nubrados e precipitacións pola tarde
IsmaelRS/Xeral

O martes irase achegando unha nova fronte asociada á borrasca localizada preto dos Azores e que entrará polo oeste na segunda metade do día. Así, teremos intervalos de nubes altas, chegando nubes cada vez máis activas ás provincias atlánticas con chuvias que comezarán polo oeste da provincia da Coruña durante a tarde e se estenderán lentamente cara ao leste. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, rexistrándose valores altos de madrugada, e as máximas quedarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente sur, fortes na Costa da Morte e nas Rías Baixas.
IMPORTANTE:
Ventos do sur, con refachos de máis de 80 km/h no oeste na liña de costa. Chuvias intensas e persistentes no oeste e no suroeste do territorio ao final da tarde, tal e como comenta MeteoGalicia.
