top of page

As comarcas terán hoxe martes os ceos con intervalos nubrados e precipitacións intermitentes

IsmaelRS/Xeral

Durante o martes estaremos baixo a influencia do embolsamento de aire frío en capas altas que favoreceu a entrada de aire africano nas pasadas xornadas, movéndose neste día cara á Bretaña francesa. Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos nubrados e precipitacións intermitentes, máis probables e frecuentes pola mañá na metade oeste de Galicia. As temperaturas sufrirán novamente un descenso, que será localmente notable nas máximas na metade leste. Os ventos soprarán de compoñente oeste entre frouxos e moderados, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page