Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe mércores os ceos pouco nubrados pola mañá e chuvascos pola tarde

IsmaelRS/Xeral

Hoxe mércores Galicia irá quedando baixo a influencia dun embolsamento de aire frío en capas altas situada ao oeste de Portugal. Así, amenceremos con néboas na costa e ceos pouco nubrados en xeral no resto. Co avance da xornada iranse desfacendo as néboas, pero no interior formaranse nubes e chuvascos, localmente treboentos, que caerán de xeito máis xeneralizado pola noite. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo, de dirección variable en xeral, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



29 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif