top of page
Foto del escritorIsmaelRS

As comarcas terán hoxe mércores os ceos despexados pola mañá e posibilidade de choivas pola tarde

IsmaelRS/Xeral

Hoxe mércores, Galicia mantense na influencia das altas presións aínda que unha fronte pouco activa irase achegando polo noroeste co avance da xornada. Así, comezaremos o día cos ceos despexados e brétemas costeiras na franxa atlántica. A partir do mediodía irán entrando as nubes baixas con chuvascos máis probables no norte das provincias da Coruña e Lugo. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento será frouxo de compoñente sur pola mañá e co avance do día e a chegada da fronte virará ata quedar de compoñente norte á noite, tal e como comenta MeteoGalicia.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page