As comarcas terán hoxe mércores os ceos cubertos e con temperaturas en ascenso
IsmaelRS/Xeral

Hoxe mércores o fluxo de compoñente oeste achegará moita humidade a Galicia. Polo tanto, o ceo estará cuberto na metade oeste e con precipitacións febles, máis persistentes na franxa atlántica. As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará do suroeste, frouxo en xeral, con intervalos de moderado no litoral, tal e como comenta MeteoGalicia.
