Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

As comarcas terán hoxe mércores os ceos con nubes e claros e posibilidade de treboadas pola tarde

IsmaelRS/Xeral

Hoxe, mércores, Galicia quedará en terra de ninguén, cos centros de acción afastados de nós e cunha valgada en capas altas achegándose polo Atlántico que vai ser determinante no tempo, provocando un aumento da inestabilidade atmosférica. Así, teremos brétemas e nubes baixas no terzo norte, máis densas e compactas pola mañá, e ceos alternando nubes e claros no resto, con bancos de néboa matinais no interior. A partir do mediodía, medrarán con rapidez nubes de evolución no interior que deixarán pola tarde chuvascos e treboadas fortes acompañadas localmente de saraiba, máis probables na metade sur de Lugo e na provincia de Ourense. No norte de Lugo e no norte e noroeste da Coruña haberá precipitacións febles, máis frecuentes segundo se achegue a noite. Xa durante a noite, as nubes baixas do terzo norte iranse estendendo cara ao sur. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios ou en lixeiro ascenso, pero as máximas terán un lixeiro a moderado descenso, máis acusado canto máis ó oeste. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos no interior, moderados no litoral, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



24 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE