As comarcas terán hoxe mércores os ceos con nubes e claros e posibilidade de chuvascos treboentos
- IsmaelRS

- 3 ago 2022
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Xeral

Hoxe mércores, as altas presións retiraranse cara ó oeste, o que permitirá un leve desprazamento cara ó leste da masa de aire cálido. Agárdase, así, unha mañá de ceos despexados na metade sur e con mais nubes ao norte. Pola tarde, medrarán nubes de evolución no interior que poden deixar chuvascos tormentosos, máis probables nas zonas montañosas. As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso, máis pronunciado ao norte. O vento soprará de compoñente norte, tal e como comenta MeteoGalicia.







Comentarios