
As comarcas terán hoxe mércores os ceos con intervalos nubrados e precipitacións moderadas
IsmaelRS/Xeral

Durante o mércores unha nova fronte entrará polo suroeste de Galicia traendo nubes e chuvias, máis frecuentes e intensas no oeste e no sur da Comunidade. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos ou sufrirán lixeiros descensos, mentres que as máximas descenderán entre lixeira e moderamente. Os ventos de compoñente sur soprarán con intensidade forte, con intervalos moi fortes no litoral oeste coruñés.
Atención para mércores:
Refachos de compoñente sur localmente fortes. Chuvias frecuentes e localmente fortes en áreas do oeste e do sur de Galicia, tal e como comenta MeteoGalicia.
