As comarcas terán hoxe luns os ceos parcialmente cubertos e con posibilidade de chuvascos treboentos
- IsmaelRS

- 29 ago 2022
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Xeral

Galicia seguirá afastada dos centros de altas e baixas presións, quedando nunha zona algo indefinida. Así, agardamos un día de ceos parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto, aínda que ocasionalmente veremos nubes de evolución que poderían deixar algún chuvasco treboento. Brétemas costeiras en todo o litoral, que serán especialmente persistentes no litoral atlántico. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, collendo compoñente oeste co avance do día, tal e como comenta MeteoGalicia.







Comentarios