As comarcas terán hoxe luns os ceos nubrados e chuvias intermitentes durante todo o día
IsmaelRS/Xeral

Hoxe luns temos os restos dunha fronte pouco activa. Agárdase así un día de ceos nubrados e chuvias intermitentes, producíndose de xeito máis irregular segundo avancen as horas do día. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, xa rolando a nordés pola noite, moderados na costa, frouxos no interior, tal e como comenta MeteoGalicia.
