IsmaelRS/Xeral
A semana comezará en baixo influencia feble das altas presións en superficie e cunha valgada en altura trasladándose cara ao leste sobre Galicia. Esta situación propiciará que se formen néboas, tanto no litoral oeste como no interior, que se irán desfacendo co avance da mañá. Pola tarde, medrarán nubes de evolución diúrna que descargarán algúns chuvascos e treboadas no interior, máis dispersos que en xornadas anteriores.
Publicidade
As temperaturas descenderán lixeiramente. O vento soprará de dirección variable.
Publicidade
Atención para hoxe luns:
Posible presenza de brétemas nas Rías Baixas. Néboas en comarcas do interior de Lugo e tamén da Coruña. Tormentas en áreas de montaña, tal e como comenta MeteoGalicia.
Concello | T. Máx (º) | T. Min. (º) |
Agolada | 20 | 13 |
Antas de Ulla | 21 | 13 |
Arzúa | 21 | 14 |
Boimorto | 21 | 14 |
Dozón | 19 | 13 |
Lalín | 20 | 13 |
Melide | 21 | 14 |
Monterroso | 22 | 13 |
O Pino | 22 | 15 |
Palas de Rei | 21 | 13 |
Rodeiro | 20 | 13 |
Santiso | 22 | 15 |
Silleda | 21 | 13 |
Sobrado dos Monxes | 20 | 14 |
Toques | 21 | 14 |
Touro | 21 | 15 |
Vila de Cruces | 21 | 13 |
Comments