top of page

As comarcas terán hoxe luns os ceos nubrados e algúns chuvascos illados durante a tarde

IsmaelRS/Xeral

Comezaremos a semana nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, agardando a chegada dunha nova fronte na madrugada do martes. Deste xeito, teremos néboas matinais no interior e intervalos de ceo nubrado no resto, con algúns chuvascos illados durante a tarde na fachada atlántica. Xa pola noite e, sobre todo, na madrugada do martes, as chuvias irán ganando frecuencia e intensidade desde o oeste. As temperaturas descenderán de xeito entre lixeiro e moderado, localmente notable as máximas no extremo leste. Os ventos soprarán do sur e suroeste e incrementarán a súa forza de xeito importante a partir das últimas horas da tarde, acadando refachos moi fortes ao longo da madrugada do martes.


Atención para hoxe luns:

Choiva e vento intensificándose ao longo da madrugada do martes, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page