top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe luns os ceos nubrados con precipitacións xeneralizadas

IsmaelRS/Xeral

Hoxe luns, Galicia quedará na influencia das baixas presións co paso dunha fronte activa asociada a unha borrasca situada ao noroeste do territorio. Así, os ceos estarán cubertos, con chuvias xeneralizadas, máis intensas durante a mañá no sur e oeste da Comunidade. A partir do mediodía quedaremos na zona de chuvascos. As temperaturas ascenderán de xeito notable debido á retirada do aire frío de xornadas pasadas. O vento soprará forte do suroeste.

Atención para luns:

Precipitacións persistentes na metade oeste do territorio e na franxa atlántica poderían vir acompañadas de tormenta. Vento forte do suroeste en terra, con refachos moi fortes en zonas altas. Vento moi forte no mar, especialmente entre o Golfo Ártabro e Estaca de Bares, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia


0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page