As comarcas terán hoxe luns os ceos nubrados con posibilidade de chuvascos tormentosos e sarabia
- IsmaelRS

- 12 jun 2023
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Xeral

Hoxe luns, aumenta a inestabilidade atmosférica en Galicia; situarase sobre a Comunidade un embolsamento de aire frío en altura e manterase o aire cálido en superficie. Agárdase un día de ceos parcialmente nubrados con chuvascos pola tarde máis activos no interior onde serán localmente tormentosos e poden vir acompañados de sarabia.
As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas seguirán sen cambios. O vento soprará frouxo, de dirección variable, agás nos momentos das tormentas cando soprarán localmente fortes, tal e como comenta MeteoGalicia.








Comentarios