As comarcas terán hoxe luns os ceos moi nubrados pola mañá con chuvias e remitindo cara á tarde
IsmaelRS/Xeral

O luns agárdase o paso dunha nova fronte. Será un día de ceos moi nubrados pola mañá con chuvias, que irán remitindo co avance da tarde. As temperaturas seguirán sen cambios significativos. O vento soprará moderado do sur á primeira hora, virando a compoñente oeste frouxo pola tarde, tras o paso da fronte, tal e como comenta MeteoGalicia.
