Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

As comarcas terán hoxe luns os ceos despexados con temperaturas similares ás destes días anteriores

IsmaelRS/Xeral

Hoxe luns, mantémonos nunha situación intermedia entre a baixa térmica sobre a península e o anticiclón ao noroeste, con aire cálido en superficie. Así, pode haber algunha treboada da noite anterior activa en zonas do norte ás primeiras horas que deixe paso, como no resto de Galicia, a ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinais no interior e brétemas no litoral atlántico. Pola tarde, formaranse nubes de evolución en comarcas do interior que deixarán chuvascos dispersos de carácter tormentoso, máis probables no sur de Lugo e na provincia de Ourense. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará do leste e nordés na metade norte, con intervalos fortes no norte e noroeste da Coruña e no interior norte de Lugo, e de dirección variable no resto, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



8 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE