top of page

As comarcas terán hoxe luns os ceos con nubes e claros e temperaturas en lixeiro ascenso

IsmaelRS/Xeral

Comezaremos a semana con influencia feble das altas presións. Esta situación deixaranos ceos con intervalos de nubes baixas, néboas e mesmo algún orballo illado nas primeiras e derradeiras horas do día no terzo norte e pouco nubrados, con nubes de tipo alto, no resto de Galicia. As temperaturas mínimas mantiveronse sen cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán de xeito lixeiro ou localmente moderado. Os ventos soprarán de compoñente norte,frouxos en xeral, moderados a partir do mediodía no litoral atlántico, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page