top of page

As comarcas terán hoxe luns os ceos con intervalos nubrados e precipitacións xeneralizadas

IsmaelRS/Xeral

Comezaremos a semana coa fronte do día anterior perdendo progresivamente forza, mais con algo de aire frío en capas altas da atmosfera. Deste xeito, agárdanse intervalos nubrados e precipitacións xeneralizadas, localmente persistentes desde o norte de Lugo e A Coruña ata o sur de Pontevedra durante a mañá, que irán remitindo segundo se achegue a noite. As temperaturas mínimas permanecerán sen cambios significativos e as máximas ascenderán de xeito lixeiro ou puntualmente moderado. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos en xeral, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page