As comarcas terán hoxe domingo os ceos pouco nubrados e temperaturas en lixeiro descenso
IsmaelRS/Xeral

Hoxe, domingo, continuaremos en Galicia baixo influencia anticiclónica feble e unha fronte ocluída achegarase desde o Atlántico cara ao mediodía. Deste xeito, comezará o día con brétemas e néboas, principalmente nos litorais norte e noroeste e no interior das provincias da Coruñae lugo, que se irán disipando co paso das horas, e con ceos pouco nubrados ou despexados no resto. A partir do mediodía a fronte traerá un aumento de nubes baixas e bretémas costeiras nas provincias atlánticas, manténdose o tempo solleiro no resto. Durante as derradeiras horas da tarde e pola noite, irase cubrindo o ceo na metade norte. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente, con excepción do terzo norte. Os ventos soprarán de compoñente oeste durante o día, virando a compoñente norte pola noite, tal e como comenta MeteoGalicia.
