As comarcas terán hoxe domingo os ceos parcialmente nubrados, con chuvascos dende pola mañá
- IsmaelRS

- 17 sept 2023
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Xeral

O centro de baixas presións estará hoxe sobre a vertical de Galicia e enviará unha fronte activa que entrará polo oeste durante a mañá. Así, agárdase unha xornada de ceos parcialmente nubrados, con chuvias que comezarán a rexistrarse durante a mañá na metade oeste e que a partir do mediodía irán chegando a toda a Comunidade.
Publicidade
As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente sur moderado con refachos fortes e con intervalos fortes no litoral oeste.

Publicidade
Atención para domingo:
Chuvias localmente fortes nas provincias da Coruña e Pontevedra. Vento forte de compoñente sur, con refachos superiores aos 80 km/h, tal e como comenta MeteoGalicia.








Comentarios