IsmaelRS/Xeral

Hoxe domingo quedaremos na influencia dunha borrasca que se irá profundizando ao noroeste de Galicia e traerá unha circulación de ventos do suroeste. Agárdanse así ceos máis nubrados canto máis ao oeste onde teremos chuvascos pola mañá que se irán xeneralizando co avance da tarde. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán de compoñente sur moderados con intervalos fortes no litoral, tal e como comenta MeteoGalicia

Comments