As comarcas terán hoxe domingo os ceos nubrados e con posibilidade de treboadas ao longo da tarde
IsmaelRS/Xeral

Nesta xornada unha borrasca na contorna dos Azores comezará a determinar o tempo en Galicia. Temos arestora pola mañá bancos de néboa no interior de Lugo; a partir do mediodía medrarán nubes de evolución no interior que deixarán treboadas localmente fortes pola tarde. As temperaturas mínimas non tiveron cambios, pero as máximas xa non serán tan altas coma onte. Os ventos soprarán moderados do leste e nordés no norte de Lugo e da Coruña, con intervalos fortes entre Ferrol e Ortegal, e frouxos de dirección variable no resto, impoñéndose progresivamente o compoñente sur na segunda metade do día, tal e como comenta MeteoGalicia.
