As comarcas terán hoxe domingo os ceos anubrados e a choiva fará acto de presenza contra a noite
IsmaelRS/Xeral

Unha fronte estacionaria situarase ó oeste de Galicia, no Atlántico. Xa será pola noite cando comece a atravesar a nosa Comunidade, dando lugar a abundantes chuvias que continuarán mañá. Hoxe os ceos estarán anubrados con chuvia ós ao oeste da provincia de A Coruña. As temperaturas experimentarán un ascenso, moderado nas mínimas e lixeiro nas máximas. O vento soprará do sur forte con intervalos moi fortes no litoral e zonas altas, tal e como comenta MeteoGalicia.
