IsmaelRS/Xeral

Despois do paso da fronte durante a madrugada, a xornada do mércores será de chuvascos. A partir do mediodía irase achegando unha profunda borrasca que deixará chuvias máis intensas cara á noite.
Publicidade
As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas apenas terán cambios. O vento soprará do suroeste, en terra moderado pola mañá, aumentando a forte, con refachos moi fortes co avance da tarde. No mar, ventos fortes aumentando a moi fortes en todo o litoral.

Publicidade
Atención para hoxe mércores 01 Temporal no mar na segunda metade do día, con ventos moi fortes e moito mar. Refachos superiores aos 100 km/h en moitas comarcas do litoral e zonas altas do interior, tal e como comenta MeteoGalicia.
Concello | T. Máx (º) | T. Min. (º) |
Agolada | 15 | 9 |
Antas de Ulla | 15 | 9 |
Arzúa | 16 | 10 |
Boimorto | 15 | 9 |
Dozón | 13 | 7 |
Lalín | 15 | 8 |
Melide | 15 | 9 |
Monterroso | 15 | 9 |
O Pino | 17 | 11 |
Palas de Rei | 15 | 9 |
Rodeiro | 14 | 8 |
Santiso | 16 | 10 |
Silleda | 16 | 10 |
Sobrado dos Monxes | 15 | 8 |
Toques | 15 | 9 |
Touro | 16 | 11 |
Vila de Cruces | 15 | 10 |
Publicidade
Comments