Perruquería Marisa.gif

As comarcas quedarán hoxe xoves baixo a influencia anticiclónica en superficie con ventos de nordés

Agárdase un día de ceos con alternancia de nubes e claros, con chuvascos treboentos entrando polo sur de Galicia durante a noite


IsmaelRS/Xeral

O xoves Galicia queda baixo a influencia anticiclónica en superficie, mantendo o réxime de ventos do nordés, pero con aire frío nas capas medias e altas da atmosfera entrando ás últimas horas do día. Así, agárdase un día de ceos con alternancia de nubes e claros, con chuvascos treboentos entrando polo sur de Galicia durante a noite. As temperaturas terán lixeiros ascensos, máis acusados no sur de Lugo e na provincia de Ourense. O vento soprará moderado do nordés con intervalos fortes na Costa da Morte, tal e como comenta MeteoGalicia.


27 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif