Perruquería Marisa.gif

As comarcas quedarán hoxe martes na influencia das altas presións

IsmaelRS/Xeral

Galicia quedará novamente durante esta xornada na influencia das altas presións, que entrarán en forma de cuña desde os Azores. Isto quere dicir que agardamos un día de tempo seco na meirande parte da Comunidade, con nubes baixas e néboas en moitas comarcas que tenderán a desaparecer a medida que avance a mañá, agás no norte de Lugo, onde, especialmente na Serra do Xistral, pode chuviscar ao longo do día. Pola tarde, veremos nubes de evolución nas montañas de Lugo e Ourense, aquí con posibilidade dalgún chuvasco disperso. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas terán ascensos en xeral, bastante acusados no sur. Os ventos soprarán do norte e nordés, con intervalos moderados no litoral da Coruña e no interior norte de Lugo, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



8 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif