As comarcas permanecerán hoxe martes nunha zona intermedia entre altas e baixas presións
- IsmaelRS
- 7 jun 2022
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Xeral

Hoxe as Comarcas permanecerán nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, con ventos de compoñente sur que traerán unha fronte ao remate do día. Así, comezaremos a xornada con bancos de néboa no interior e algún intervalo de nubes baixas. Pola tarde, aumentarán as nubes polo noroeste e á noite chegarán as chuvias polo litoral atlántico. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán. O vento soprará frouxo de compoñente sur, tal e como comenta MeteoGalicia.

Comments