Perruquería Marisa.gif

As comarcas estarán hoxe xoves baixo a influencia das altas presións

IsmaelRS/Xeral

Durante a xornada do xoves, Galicia manterase baixo a influencia das altas presións, aínda que os ventos irán tomando compoñente oeste co avance do día. Con esta situación, agárdanse intervalos de nubes baixas e néboas en moitas comarcas, principalmente na metade norte e nos vales dos ríos, que se irán desfacendo segundo avance a mañá, e nubes de tipo alto no resto. A partir do mediodía, o ceo irase cubrindo de oeste a leste, con algún orballo disperso pola noite na provincia da Coruña. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con algúns descensos na fachada atlántica e ascensos no norte de Lugo, lixeiros e puntuais. Os ventos soprarán frouxos, collendo compoñente oeste ao longo da xornada, tal e como comenta MeteoGalicia, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



18 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif