top of page

As comarcas contarán hoxe sábado cos ceos nubrados e posibilidade de choivas ocasionais

IsmaelRS/Xeral

Na xornada do sábado perderemos a influencia das altas presións polo achegamento, desde o Atlántico, dun sistema frontal que quedará estacionario ou con moi pouco movemento sobre o noroeste de Galicia. Deste xeito, os ceos estarán moi nubrados ou cubertos, con precipitacións que caerán con carácter persistente e intensidade moderada na provincia da Coruña e no norte de Lugo, podendo afectar de xeito menos importante a zonas limítrofes e ás Rías Baixas de Pontevedra. As temperaturas mínimas permanecerán sen cambios significativos, mentres que as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente, agás na fachada atlántica, onde se manterán sen cambios. Os ventos soprarán do sur e suroeste, con intervalos fortes nos arredores da Costa da Morte pola noite, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page