IsmaelRS/Xeral
Hoxe martes quedaremos na influencia das altas presións centradas ao oeste da Comunidade e con circulación do oeste. Agárdase así unha xornada de estabilidade e de ceos con nubes e claros, cun aumento das nubes á noite na metade norte, que mesmo poden deixar algún orballo na madrugada. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, tal e como comenta MeteoGalicia.
Comments