top of page

As comarcas contarán hoxe martes cos ceos despexados e con temperaturas elevadas

IsmaelRS/Xeral

A situación meteorolóxica continua marcada pola presenza dunha masa de aire moi cálida impulsada pola combinación das altas presións e unha baixa relativa localizada ao norte das illas Madeira. Deste xeito, haberá algún banco de neboa matinal no interior, brétemas no litoral entre Fisterra e Ribadeo, localmente persistentes, e ceos con nubes altas que non impedirán o paso do sol no resto. Pola tarde, medrarán nubes de evolución diurna en zonas montañosas. As temperaturas non terán cambios, polo que seguirán un día máis marcando valores moi elevados. Os ventos soprarán do leste e nordés nos litorais norte e noroeste e de dirección variable no resto, con réxime de brisas nas Rías Baixas, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page