top of page

As comarcas contarán hoxe mércores cos ceos con nubes altas e con temperaturas elevadas

IsmaelRS/Xeral

A situación meteorolóxica continuará marcada pola presenza dunha masa de aire moi cálida impulsada pola combinación das altas presións e unha baixa relativa localizada ao norte das illas Madeira. Deste xeito, haberá algún banco de neboa matinal no interior, brétemas no litoral entre Fisterra e Ribadeo, localmente persistentes, e ceos con nubes altas que non impedirán o paso do sol no resto. Pola tarde, medrarán nubes de evolución en zonas montañosas. As temperaturas non terán cambios, polo que seguirán un día máis marcando valores moi elevados. Os ventos soprarán do leste e nordés nos litorais norte e noroeste e de dirección variable no resto, con réxime de brisas nas Rías Baixas, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page