top of page

As comarcas contarán hoxe luns cos ceos despexados e con temperaturas similares ás destes días

IsmaelRS/Xeral

Galicia comeza a semana baixo a influencia anticiclónica, con aire moi cálido en superficie, pero cunha zona de aire frío sobre o Atlántico, preto do litoral. Así, agárdanse brétemas en zonas de costa, localmente persistentes no litoral atlántico, e ceos pouco nubrados ou despexados no resto. Pola tarde medrarán nubes de evolución diúrna en zonas montañosas que poderían deixar algún amago treboento. As temperaturas non experimentarán cambios significativos en xeral, con lixeiros descensos na costa atlántica. O vento soprará frouxo de dirección variable, agás no extremo norte onde se manterá a compoñente leste, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page