top of page

As comarcas contarán de novo hoxe mércores con a influencia anticiclónica

IsmaelRS/Xeral

Hoxe mércores mantense a influencia anticiclónica en superficie e o aire frío de capas altas comeza a retirarse. Con esta situación, o ceo estará con alternancia de nubes e claros no terzo norte, con máis nubes e algún orballo na Mariña, e pouco anubrado ou despexado no resto. Co avance do día medrarán nubes de evolución en zonas montañosas que darán lugar a chuvascos treboentos. As temperaturas continuarán sen cambios significativos. O vento soprará do nordés, moderado en xeral, forte no litoral da Coruña, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page