top of page

As comarcas contarán de novo hoxe domingo cos ceos despexados e con temperaturas en ascenso

IsmaelRS/Xeral

Galicia permanecerá hoxe baixo a influencia do anticiclón situado sobre as illas Británicas e coa entrada dunha masa de aire cálido desde o sur. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa no interior de Lugo ás primeiras horas e ceos despexados no resto. Ao longo da tarde irán entrando brétemas costeiras polo litoral atlántico. As temperaturas seguirán a ascender no interior pero baixarán algo no litoral oeste. O vento soprará no litoral norte do leste e nordés, con intervalos de moderado nos arredores do Cabo Ortegal, e de dirección variable no resto, con réxime de brisas na Costa da Morte e Rías Baixas, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page