top of page

As casas niños Axóuxere e Brincadeira de Santiso organizan o III Nadal Solidario

É unha iniciativa que consiste na recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros


Laura Moure/Santiso

As casas niños Axóuxere e Brincadeira de Santiso organizan, en colaboración con este Concello, o III Nadal Solidario, unha iniciativa que consiste na recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"Este ano volvemos repetir esta iniciativa tan necesaria, e recollemos xoguetes e alimentos non perecedeiros para entregarllos en Nadal ás persoas que o precisen. Para iso, poñémonos á vosa disposición nas casas niños Axóuxere (Lugar de Portocelo, SN - Niñodaguia) e Brincadeira (Ribadulla, SN) de Santiso, en horario de 9:00 a 13:00 horas. Se non vos podedes achegar ó lugar nin á hora indicada, podedes poñervos en contacto con nós nos teléfonos 610 675 746 (Andrea - Axóuxere) ou 697 707 550 (Auria - Brincadeira), e faremos todo o posible para recoller as vosas aportacións".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A recollida farase ata o 15 de decembro.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page