top of page
Perruquería Marisa.gif

As casas niño Axóuxere e Brincadeira de Santiso lanzan unha recollida de xoguetes, roupa e comida

A campaña será ata o 17 de decembro e todo o recaudado irá destinado ás persoas deste municipio que o necesiten


Ecos da Comarca/Santiso

No municipio de Santiso lévase a cabo o II Nadal Solidario, baixo o lema Un pequeno xesto pode cambiar moitas vidas. Consiste na recollida de xoguetes, roupa e alimentos non perecedoiros.


O horario de recollida é de 8:00 a 15:00 horas nas casas niño Axóuxere (lugar de Portocelo, s/n en Niñodaguia) e Brincadeira (Ribadulla, s/n) situadas neste municipio.


As persoas que non poidan achegarse nese horario poden contactar a través dos teléfonos 650 725 014 (María, Axóuxere) ou 697 707 550 (Auria, Brincadeira).


A recollida farase ata o 17 de decembro e todo o recaudado irá destinado a todas as persoas do municipio de Santiso que o necesiten.


162 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page