Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

As asociacións lalinenses Amigos do Museo do Patrón e a Etnográfica de Codeseda reciben 8.060 euros

O Goberno da Deputación de Pontevedra destinou un investimento de ata 100.000 euros a 29 entidades da provincia para a financiación de actividades de carácter turístico


Laura Moure/Deza

O Goberno da Deputación de Pontevedra destinou un investimento de ata 100.000 euros a 29 entidades da provincia para a financiación de actividades de carácter turístico. Tal e como subliñou a presidenta, Carmela Silva, as achegas foron outorgadas a “entidades que poñen en valor os recursos da provincia” e servirán para financiar actividades de diversa índole como “proxectos de difusión do patrimonio, cursos de biodiversidade e emprego no sector turístico así como de promoción en todo o ámbito do turismo ou de promoción de festas gastronómicas”.

Así, a Deputación deu luz verde a recursos para a área de Vigo cun total de 50.350 euros para 13 entidades. Os fondos chegarán ao concello de Baiona con case 5.500 euros repartidos entre a Asociación Náutica Navega e o Monte Real Club de Yates; a Nigrán con 1.950 euros para a Fundación Carlos Casares; e a 10 entidades do concello de Vigo que suman 42.900 euros. Trátase de 13 Grados SDAD Coop Galega, Asoc. Sociocultural e deportiva Sinerxías 360, Asoc. Ría de Vigo de entidades náuticas, Asoc. sociocultural e deportiva “La 21”, Club Montañeiros Celtas, Federación Empresarios de Hostelería, Federación para a Pesca e o Marisqueo, Idílicamente, Orquestra Clásica de Vigo, Prado Surf Clube, Real Club Náutico de Vigo e The Wild.


Tamén se aprobaron 8.950 euros para tres asociacións do Baixo Miño como son a Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda, 2.750 euros; a Agrupación Grupal do Rosal, con 3.100 €, e a de Persoas con Discapacidade Vontade, con 3.100 €. E do mesmo xeito deuse luz verde a 3.845 euros para a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, na comarca do Condado.


A Deputación tamén aprobou fondos para a comarca do Morrazo con 4.120 euros para a Asociación Cultural Cinematográfica de Galicia FICBUEU. E para a comarca de Pontevedra con 11.100 euros para 4 asociacións: A Rosa dos Ventos Motoclub de Poio, que contará con 2.500 euros, e tres asociacións pertencentes ao municipio de Pontevedra que suman 8.600 euros: Asociación Cultural Amigos del Camino Portugués, a Ruta do Viño Rías Baixas, e a Asociación para o Desenvolvemento Educativo e Cultural.

Ademais, liberáronse 11.290 euros para a comarca do Salnés que se repartirán entre Sanxenxo, con 5.500 euros para o Circuíto Cultural Deportivo de Sanxenxo e Piragüismo Portonovo, O Grove, con 3.390 euros para a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos, e Vilagarcía de Arousa, con 2.400 euros para a Asociación Mariscadoras de Carril Amarcarril.


Na mesma liña concedéronse recursos para as comarca de Deza e Tabeirós-Terra de Montes con 10.350 euros repartidos entre a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo da Estrada, con 2.290 euros, e as asociacións lalinenses Amigos do Museo do Patrón e a Etnográfica de Codeseda, que suman 8.060 euros.

13 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE