Laura Moure/Rodeiro

Por primeira vez, as asociacións deportivas poden dispoñer de material deportivo proporcionado polo Concello de Rodeiro. Este venres Alberte Lamazares, alcalde en funcións e concelleiro de Economía, fixo entrega de diverso material deportivo que estará dispoñible para os colectivos de fútbol sala local.
Publicidade
Entre ese material deportivo figuran: Petos, rede de precisión, barreiras defensivas, vallas de velocidade, paus slalom forza, conos con soporte para picas + picas, escaleira de axilidade e cinturón de evasión.
Publicidade
"Para esta concellería é de máxima importancia a promoción do deporte base. En Rodeiro contamos con mais de 60 persoas que practican este deporte contando con todas as categorías, un número importante o que provoca un compromiso da administración local que ten que ir a máis", sinala Lamazares.
Publicidade
Polo que, engade, "nos próximos días quedaremos coa directiva para concretar un aumento nas axudas deportivas así como seguir mellorando as instalacións. Xa temos contratado unhas estanterías para o material deportivo, unhas porterías pequenas para entrenar sen porteiros e a equipación de son para o polideportivo. Por último, o meu agradecemento para a directiva e entrenadores/as que fan posible, co seu sacrificio persoal, esta alternativa deportiva en Rodeiro", recalca o edil.
Comentários