top of page
Foto del escritorLaura Moure

As administracións e técnicos locais poderán ver nas demostracións de ExpoMunicipal 2024 as utilidades de novidosos produtos e servizos

Será un atractivo escaparate de proposta que darán resposta ás necesidades e retos dos municipios ante o actual escenario social


Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda) ultima xa a primeira edición da Feira de Servizos Municipais, ExpoMunicipal 2024, que terá lugar de forma paralela á feira Enerxétika do 11 ao 13 de abril e en cuxa organización conta co apoio da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Administración Local.

ExpoMunicipal dará resposta ás necesidades e retos dos municipios ante o actual escenario social, o cal esixe cidades máis sostibles, eficientes, accesibles, seguras e verdes. Para iso a súa área expositiva mostrará o último en equipamento e servizos municipais de man de empresas líderes no sector centradas en mobiliario urbano, limpeza, ciclo da auga, xestión e tratamento de residuos, medio ambiente, enerxías alternativas, obra pública, sinalización, xardinería e paisaxismo, mobilidade urbana, instalacións deportivas e de lecer, iluminación, xestión cultural, tecnoloxía para monitorización de estradas, xestión documental e catastral, concesionarias, alugueiro e venda de maquinaria para servizos municipais, subministracións ou consultoría.


Propostas que nalgúns casos poderán verse en funcionamento, co obxectivo de que corporacións municipais, empresas de servizos, técnicos municipais, enxeñeiros ou consultores poidan ver in situ as súas prestacións, vantaxes e utilidades. Así, o programa da feira incluirá numerosas demostracións nas que se mostrará limpeza viaria de alta presión con maquinaria de gran autonomía e mínimo impacto sobre o firme, aspiración de follas con equipos de alta capacidade, triturado de ramas con máquinas dotadas de amplas tolvas, roza con mecanismos de control remoto sobre orugas para segar en condicións extremas, desatasque con novos dispositivos de presión ou simulación de limpeza de praias con innovadores equipos.


Publicidade

Tamén se poderá ver o funcionamento de softwares de detección de irregularidades catastrais mediante o uso de intelixencia artificial ou sistemas de monitorización de anomalías ou defectos na rede viaria, ademais de realizar outras actividades como cata de augas, entre outros.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page