top of page

Arzúa xa ten todo preparado para a visita do Reis Magos

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello deArzúa informa que a esperada Cabalgata de Reis, dentro da programación cultural de Nadal, celebrarase como é tradición o vindeiro luns, 5 de xaneiro,cun programa de actos que se desenvolverá durante toda a tarde.

Os Reis Magos e a súa comitiva chegarán a Arzúa ás 16:30 horas para comezar a súa estadía no noso municipio facendo unha visita ás persoas maiores da Residencia San Xosé.

Unha hora máis tarde, as 17:30 horas, se o tempo o permite, comezará o desfile que contará con tres carrozas para os Reis e os seus paxes. Ademais, a comitiva estará acompañada por un grupo de animación e por paxes a cabalo en colaboración coa Asociación O Estribo que conducirán o percorrido ata rematar no Multiusos Terra do Queixo, lugar onde se fará a recepción e oreparto de agasallos a todas as nenas e nenos que se acheguen. As Súas Maxestades traerán moreas de caramelos e lambetadas sen glute e feixes de libros para seguir fomentando en Arzúa a lectura e o uso da nosa lingua.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Paralelamente, o Multiusos Terra do Queixo contará con diversas actividades, obradoiros e reparto de chocolate quente de balde de 17:30 a 20:30 horas. O percorrido marcado polo Departamento de Cultura para a Cabalgata sairá dende a Casa da Cultura e pasará polas seguintes rúas: Santiago, Praza de Galiza, Avenida de Lugo, Fraga do Rei, Ramón Franco, Xosé Neira Vilas, Praza de San Xoán e regresará pasando de novo polas rúas Xosé Neira Vilas e Ramón Franco para dirixirse ao Multiusos Terra do Queixo pola Padre Pardo. En caso de mal tempo, o percorrido polas rúas quedará cancelado e as Súas Maxestades recibirán a todas as nenas e nenos directamente no Multiusos a partir das 17:30 horas.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima á veciñanza “a participar na Cabalgata e a vivir unha xornada cargada de ilusión na que especialmente a concellaría que dirixo invirte moito esforzo e moitos recursos coidando cada detalle con mimo para que sexa unha tarde máxica que quede para o recordo”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page