Esta será o 26 de maio
Laura Moure/Arzúa
Arzúa Viva, en colaboración co Concello de Arzúa, pon a disposición da veciñanza un autobús para acudir á manifestación contra Altri que terá lugar o vindeiro domingo 26 ás 12:00 en Palas de Rei.

Con esta medida, desde o colectivo Arzúa Viva, membro da Plataforma Ulloa Viva, queren animar ao conxunto da veciñanza de Arzúa a participación da manifestación pola defensa do territorio que percorrerá as rúas de Palas de Rei baixo o lema “Dende a Ulloa ata a Ría, terra auga e aire son vida”.
Publicidade
Segundo o portavoz do colectivo en Arzúa, “a implantación da macrocelulosa en Palas de Rei suporía un gran prexuizo non tan só para a comarca da Ulloa, senón tamén para o conxunto do país, e nomeadamente para Arzúa e a súa comarca, xa que esta afectaría a dous dos principais sectores económicos da nosa vila como son o sector agrícola e de transformación, así como o sector turístico vinculado ao camiño de Santiago, ao tempo que afectaría tamén en outros aspectos como á contaminación do Río Ulla e polo tanto, ao Encoro de Portodemouros ou á saúde das persoas, xa en condición de vento favorables os fumes contaminantes da factoría chegarían ata o noso concello”
Convite á mobilización
É por iso que animan a toda a veciñanza a participar na mobilización convocada para este 26 de maio en Palas de Rei xa que "a participación cidadá é clave para amosar o rexeitamento do conxunto da cidadanía galega á implantación desta macrocelulosa no corazón de Galiza”
Publicidade
Desde Arzúa Viva sinalan que para poder facer uso deste servizo de autobús é preciso anotarse no teléfono 981 50 00 00, ou no formulario web que se pode atopar nas redes do propio colectivo.
Comments