top of page

Arzúa: un dos municipios galegos onde as vacas destronan ás cebras

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Este concello ten un paso de vaca, iniciativa da Casa Grande de Xanceda


Laura Moure/Arzúa

Santiago converteuse este 24 de xullo na primeira cidade da comunidade autónoma galega en contar cun paso de vaca permanente, unha iniciativa da Casa Grande de Xanceda que busca reivindicar a importancia do rural galego cambiando as tradicionais raias de cebra dos pasos de peóns polas manchas irregulares dunha vaca frisona. Nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, a localidade de Arzúa xa ten un destes dende hai tempo, situado onda o recinto feiral Terra do Queixo.

Paso de vaca en Arzúa.

Autor: Ecos da Comarca.


En Galicia, ademais de Arzúa e Santiago, hai outros en Mesía, Mazaricos, A Baña e Santa Comba.


Hai seis motivos para colocar un paso de vaca como indica a Casa Grande de Xanceda:


  1. Porque Galicia é o territorio que máis leite produce de toda España e o décimo no ránking europeo.

  2. Porque as vacas forman parte da nosa cultura, da nosa tradición e da nosa paisaxe. Somos case tres millóns de galegos e case un millón de vacas!

  3. Porque o rural galego sofre unha gran despoboación, e son sectores, como o leiteiro, o que mantén vivas moitas de nosas aldeas.

  4. Porque máis de 8.400 familias se dedican directamente á produción de leite en Galicia e podemos multiplicar por dous ou por tres os postos indirectos que xera.

  5. Porque os pasos de vaca pódense convertir nun símbolo das nosas cidades e pobos, como homenaxe a gandeiros, vacas, agricultores, e que serva para contar un poquiño da nosa historia e cultura.

  6. Para reivindicar o consumo de produtos locais e a un precio xusto, que permita manter un rural vivo.

Os interesados poden obter máis información e ver as maneiras de conseguir un paso de vaca nun municipio no seguinte enlace:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page