Laura Moure/Arzúa
A Concellería de Obras, Servizos e Turismo de Arzúa convocou hai unhas semanas o concurso de fotografía Os meus recunchos preferidos de Arzúa no outono, tendo como base esta estación do ano e os distintos lugares que a xente pode descubrir neste municipio. E este martes deu a coñecer aos gañadores que foron aquelas imaxes que conseguiron máis Me gusta en Facebook.
Competiron 14 fotografías e estas foran as gañadoras. Parabéns aos seus autores ou autoras!
O primeiro premio conseguiuno a foto que leva por título O Lago dos cisnes. O galardón é un bono valorado en 150 euros para desfrutar dunha noite con almorzo nun establecemento de hostalería en Arzúa
O segundo foi para Fonte da Pena en Carballos Altos. O premio é un bono valorado en 70 euros para saborear un xantar ou unha cea nun restaurante en Arzúa.
E o terceiro premio recaeu na imaxe Arzúa, outono e estrelas. O obsequio consiste nun lote de produtos típicos de Arzúa (queixos das Queixerías Barral, Galmesan e Verbas e Mel de Arzúa).
"Como sabedes, este tipo de concursos teñen como obxectivo xerar publicidade do noso concello como destino turístico e ensalzar as cousas boas que temos e que podemos ofrecer aos que nos visiten", sinala Arzúa Turismo.
Toda a información sobre este concurso no enlace:
Comments